Excelente actuación de Marcos García no Campionato de España absoluto Imprimir
Venres, 23 Xullo 2010 11:54
 
Brillante actuación por parte do noso compañeiro Marcos García no Campionato de España absoluto que se celebrou na piscina de Picornell en Barcelona de o pasado día 20 até 22. Logrou bronce nos 200 estilos, proba na que baixou en case dous segundos a plusmarca galega cun tempo de 2:05.48 e nos 100 bolboreta cun tempo de 54.35. Na última xornada rematou subcampión de España dos 50 bolboreta cun tempo de 24.41.
 
 
Salientar así mesmo a brillante actuación de:
  • Claudia Villar nos 100 costas e 400 estilos logrou a 6ª posición na categoría absoluto xove, o que lle permitiu entrar na final B. Nos 200 costas que rematou 5º na categoría absoluto xove, posición que lle permitiu entrar na final B moi preto da A e rematando cun excelente tempo de 2:24.28.
  • Luís Suárez moi boa actuación nos 50 libres, proba na que empatou con outro nadador e tivo que baterse en desempate para poder acceder á final B, mais a pesar de realizar unha marca moito mellor á tarde ficou ás portas da final. Boa actuación tamén nos 100 libres, proba na que ficou a unha posición de entrar na final B.
  • Héctor García excelente actuación na carreira dos 50 bolboreta, mais unha mala chegada fílloche perder algunhas décimas na chegada e por conseguinte algunhas posicións, mais non impediu que fixera unha boa actuación cun tempo de 27.50.
Parabéns a todos polos excelentes resultados!!
 
VER RESULTADOS
 
Para máis información, contacta.