| Laura Santalla 3º clasificada en 100 braza |
|
| Sábado, 17 Xullo 2010 12:41 | |
|
A nosa compañeira Laura Santalla finalizou 3ª na proba de 100 braza cunha marca de 1:17.35 no Campionato de España infantil que se está a celebrar en Palma de Mallorca. Así mesmo na proba de 400 estilos finalizou 14º da súa idade cun tempo de 5:37.69. Tamén contamos coa participación de Nerea López nos 200 libres finalizando na 16ª posición da súa idade cun tempo de 2:18.18, Brandán Mier nos 100 braza finalizando no posto 31 cun tempo de 1:19.41 e Héctor Pérez nos 200 costas finalizou na 21ª posición cun tempo de 2:26.45. Na remuda de 4x100 libres formada por Nerea López, Laura Santalla, Paula Nebril e Paula Cernadas obtiveron unha merecida 18ª posición cun tempo de 4:22.28. Parabéns polos resultados obtidos e moita sorte nas probas restantes! VER RESULTADOS DÍA 15(XII) - VER RESULTADOS DÍA 16 (XIII) Para máis información, contacta. |