|
Resultados Campionato galego infantil |
|
|
Martes, 09 Marzo 2010 18:19 |
|
Finalizado no día de onte o Campionato galego infantil de inverno que se celebrou nos pasados días 6 e 7 na piscina de Fluvial de Lugo. Cunha boa actuación e un gran número de medallas o noso Club alcanzou o terceiro posto en categoría feminina, sétimo en masculina e cuarto na conxunta. A nivel individual cabe salientar os seguinte resultados: - Nerea López tres ouros nas probas de 50 e 100 libres e 100 estilos.
- Laura Santalla dous ouros nas probas de 100 e 200 braza e un bronce en 400 estilos.
- Paula Cernadas un ouro en 100 bolboreta e prata en 200 bolboreta.
- Silvia Trasancos bronce en 200 libres.
- Paula Nebril dous ouros en 50 e 100 libres e prata en 200 libres.
- Antonio Castro dous bronces en 200 bolboreta 1500 libres.
- Jose Martínez bronce en 100 bolboreta.
- Héctor Pérez dúas pratas en 100 e 200 costas.
- Brandán Mier ouro en 100 braza e bronce en 200 braza.
- Nas remudas femininas vitoria do noso equipo nos 4x100 libres e dous bronces nos 4x200 libres e 4x100 estilos.
Parabéns a todos e todas polos resultados obtidos!! VER RESULTADOS - VER VALORACIÓN DE XAN SUÁREZ
|