Competicións mes de febreiro Imprimir
Martes, 09 Marzo 2010 12:39

Celebráronse ao longo do pasado mes as seguintes competicións:

  • 3ª xornada preliminar da Copa galega de club que se celebrou o pasado día 6 de febreiro na piscina de INEF (A Coruña) na que o noso Club obtido unha clasificación histórica clasificándose dentro dos tres primeiros clubs clasificados. VER RESULTADOS
  • 2ª xornada da liga infantil que se celebrou na piscina de Santa Isabel (Santiago de Compostela) o pasado día 13 de febreiro obtendo por partes dos nosos nadadores/as grandes resultados e nalgúns casos marcas mínimas para os campionatos galegos. VER RESULTADOS
  • Campionato de España absoluto por CC.AA que se celebrou en Madrid do 19 ao 21 de febreiro no que o o noso Club viuse representado por dous nadadores: Marcos García e Luís Súarez, realizando unha excelente actuación. VER MÁIS
  • 3ª xornada da liga benxamín que se celebrou no CP Javier Gómez Noya o pasado día 20 de febreiro. VER RESULTADOS.
  • Torneo de inverno que se celebrou o pasado día 20 de febreiro na piscina de Batallóns. VER RESULTADOS
  • Campionato de España de longa distancia que se celebrou o pasado día 27 de febreiro en Madrid no que o noso Club estivo representado por Roi González que acadou un excelente resultado en 9ª posición cun tempo de 1:00:56.25. VER RESULTADOS
  • A 4ª xornada da liga alevín e as 2ª e 3ª xornadas da liga promesas que se ían a celebrar o pasado día 27 suspendéronse polas condicións climatolóxicas adversas.
Para máis información, contacta.