Resultados Campionato Galego júnior e absoluto Imprimir
Mércores, 03 Febreiro 2010 11:49
Malia as numerosas baixas do equipo do Natacion Ferrol Elinco e o non poder preparar os Campionatos dunha forma óptima foron numerosas as medallas e as boas marcas caeron nestes tres días.
 
Na categoría absoluta excelentes as actuacións de Marcos García e de Luís Suárez.
Marcos García gañou as súas tres probas de 50 libres, 100 estilos e 200 estilos, facendo nesta última unha espectacular carreira demostrando a súa calidade e versatilidade ao nadar probas non habituais nin preparadas e logrando a única plusmarca galega absoluta do Campionato cunha gran marca de 2:02.67.
Pola súa banda, Luís Suárez foi ouro e campión galego en 100 libres con 50.13 e dúas pratas en 50 e 200 libres.
Unha prata para Roi González, ausente os dous primeiros días de Competición, pero logrando ser subcampión nos 1500 libres.
Tamén houbo dous bronces: un para Claudia Villar en 200 costas e outro para  a infantil Nerea López nos 50 libres cunha magnífica marca de 27.70. Esta nadadora foi cuarta nos 100 libres con outro excelente rexistro 1:01.07 sendo ambas marcas novas plusmarcas do Club.

Tamén se lograron varias medallas na categoría júnior:
  • Aldara Sedes logrou tres: dúas  pratas en 50 e 100 braza e un bronce en 200 braza.
  • Javier Suárez bronce en 50 braza.
  • Sarai Rivera bronce en 50 bolboreta.
  • Bronce tamén na remuda de  4x100 estilos feminino.
  • Dentro deste campionato participaron un ano máis nadadores discapacitados, no cal a nadadora do Ferrol Elinco, Noelia Cabanas logro tres ouros nas probas  de 50 braza e 50 e 100 libres na categoría S11.
Destacar que o equipo feminino júnior ocupou ao final do Campionato a terceira posición na clasificación.
 
OLLAR RESULTADOS - OLLAR VALORACIÓN XAN SUÁREZ