|
Telmo Bouza campión de España de 1.500 libres |
|
|
|
|
Telmo Bouza acaba de finalizar campión de España nos 1.500 libres no Campionato de España CSD - Alevín que se está a celebrar na piscina M-86 en Madrid cun tempo de 18:21.30. Na xornada de onte cun tempo de 2:33.46 conseguiu bater a mellor marca galega de 13 anos de 200 bolboreta.
Pola súa banda, Antón Dopico fixo unha excelente actuación nos 1.500 libres cun tempo de 18:46.30. Finalmente, na remuda de 4x200 libres da selección galega na que participaron Antón Dopico e Telmo Bouza obtiveron unha excelente 4ª posición. Parabéns polos resultados obtidos! VER RESULTADOS
|