Inicio
Campionato galego absoluto e júnior de verán PDF Imprimir Correo-e

Bos resultados para os nadadores/as do noso Club no Campionato galego absoluto e júnior que se celebraron os días 4,5 e 6 na piscina olímpica de Rías do Sur en Pontevedra.

Cunha treintena de medallas en ambas categoría e boas marcas que servirán para que varios nadadores/as de preparación para os Campionatos nacionais que se desenvolverán en diferentes categorías durante o mes de xullo.

Cabe destacar a nivel individual a actuación dos seguintes nadadores na categoría absoluta:

  • Marcos García 1º clasificado nos 50 e 100 bolboreta e 200 estilos.
  • Roi González 1º clasificado nos 400 e 1500 libres e 2º clasificado nos 200 libres.
  • Luís Suárez 1º clasificado nos 50 e 100 libres e 3º clasificado nos 50 costas.
  • Claudia Villar 1ª clasificada nos 200 costas e 3º clasificada nos 400 estilos conseguindo nesta proba a mínima para o Campionato nacional.
  • Patricia García 1ª clasificada nos 200 estilos.

No tocante ás remudas absolutas: 2ª posición nos 4x200 libres e 3ª posición nos 4x50 e 4x100 libres e 4x50 estilos. As remudas foron nadadas por cinco nadadores/as segundo os estilos: Marcos García, Luís Suárez, Roi González, Javier Suárez e Héctor García.

Destacar da categoría júnior a seguinte actuación individual:

  • Javier Suárez 2º clasificado nos 100 e 200 braza e 3º clasificado nos 50 braza.
  • Fátima Sánchez 2ª clasificada nos 400 libres e 3ª clasificada nos 200 libres. 
  • Aldara Sedes 2ª clasificada nos 200 braza e 3ª clasificada nos 50 braza.
  • Fernando Rodríguez 2º clasificado nos 50 braza.
  • Sarai Rivera 2º clasificado nos 50 bolboreta.

No tocante ás remuda júnior, destacar as 2ª posición obtida polas remudas de 4x100 estilos e 4x100 libres e o 3º posto no 4x200 libres. Remudas repartidas entre Sonia Nebril, Fátima Sánchez, Sarai Rivera, Rebeca Romero, Noa Sobrado, Aldara Sedes e Paula Cernadas.

Parabéns a todos/as polos excelentes resultados!!

VER RESULTADOS

 

 

 
 

Área de socios

Iniciar sesión