Inicio
Competicións mes de xaneiro PDF Imprimir Correo-e

Ao longo do pasado mes de xaneiro celebráronse as seguintes competicións:

  • I Encontro concello de Arteixo que se celebrou o pasado día 8 de xaneiro na piscina Municipal de Arteixo. Representaron ao noso club as categoría inferiores e súa brillante actuación permitiu ao equipo rematar en 2ª posición. OLLAR RESULTADOS
  • 2ª xornada da copa galega de clubs da fase preliminar que se debutou o pasado día 23 na piscina municipal de Carballo. O espectacular traballo dos nosos compañeiros/as permitiu ao equipo clasificarse (a expensas da celebración da última sesión o vindeiro día 6 de febreiro) no grupo pola título. Parabéns a todos/as e moi especialmente aos nosos adestradores. OLLAR RESULTADOS
  • 3ª xornada da liga alevín que se celebrou na piscina de Riazor en Coruña o pasado día 23. O traballo dos nosos compañeiros foi cualificado polo adestrador como unha boa competición na que souberon manter o nivel que até o de agora tiñan presentado en anteriores competicións. OLLAR RESULTADOS
  • 2ª xornada da liga benxamín que se celebrou na piscina municipal de Xove o pasado día 30, na que os máis pequenos mantiveron unha alta partición e unha boa actuación. OLLAR RESULTADOS
Parabéns a todos/as polos resultados obtidos!
 
 

Área de socios

Iniciar sesión