Inicio
XVIII Gala do deporte ferrolán PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 07 Febreiro 2010 18:06

Seis deportistas ligados ao noso Club recibirán o vindeiro día 19 de febreiro na Gala do deporte ferrolán que se celebrará ás 21:00 no restaurante Illas Gabeiras; diversas mencións pola súa traxectoria deportiva.

Marcos García recibirá o Trofeo Padroado polo seu magnífico ano deportivo. Pola súa banda Nerea López e Miguel Sanjuán como mellor promesa feminina e masculina respectivamente. Así mesmo o noso compañeiro Javier Gómez Noya, actual nadador do noso Club que competirá con nós na xornada final da Copa galega de Clubs se o calendario llo permite; recibirá o máximo galardón. Finalmente as triatletas Camila Alonso, premiada como mellor promesa feminina e Melina Alosno distinguida polo seu ano deportivo, tamén seguen a competir co noso Club.

Parabéns a todos e todas!

Ler máis...
 
Histórica clasificación para o CNF na Copa Galega de Clubs PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 07 Febreiro 2010 17:54

Cinco vitorias foron as logradas este sábado nas instalacións de INEF na Coruña: Marcos García en 50 bolboreta e 400 estilos; Luís Suárez en 200 libres e as dúas remudas masculinas de 4x50 libres e 4x100 estilos.

Un logro conseguido pola regularidade de todos os participantes, destacando tamén o segundo posto de Héctor García en 50 bolboreta e os terceiros de Miguel Sanjuán en 200 libres, Claudia Villar en 200 costas e a remuda feminina de 4x100 estilos.

Rematada esta fase preliminar a clasificación final quedou finalmente encabezada polo Club Natación Coruña-Banco Gallego con 18 puntos, seguida polo noso Club con 16 e o Galaico-Secoysa con 14, que nos veremos as caras nunha única xornada de dúas sesións no mes de maio.

Para finalizar dende  a Xunta Directiva felicitar a todos os nadadores/as e equipo técnico polos logros obtidos!!!

 
Resultados Campionato Galego júnior e absoluto PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Febreiro 2010 11:49
Malia as numerosas baixas do equipo do Natacion Ferrol Elinco e o non poder preparar os Campionatos dunha forma óptima foron numerosas as medallas e as boas marcas caeron nestes tres días.
 
Na categoría absoluta excelentes as actuacións de Marcos García e de Luís Suárez.
Marcos García gañou as súas tres probas de 50 libres, 100 estilos e 200 estilos, facendo nesta última unha espectacular carreira demostrando a súa calidade e versatilidade ao nadar probas non habituais nin preparadas e logrando a única plusmarca galega absoluta do Campionato cunha gran marca de 2:02.67.
Pola súa banda, Luís Suárez foi ouro e campión galego en 100 libres con 50.13 e dúas pratas en 50 e 200 libres.
Unha prata para Roi González, ausente os dous primeiros días de Competición, pero logrando ser subcampión nos 1500 libres.
Tamén houbo dous bronces: un para Claudia Villar en 200 costas e outro para  a infantil Nerea López nos 50 libres cunha magnífica marca de 27.70. Esta nadadora foi cuarta nos 100 libres con outro excelente rexistro 1:01.07 sendo ambas marcas novas plusmarcas do Club.

Tamén se lograron varias medallas na categoría júnior:
  • Aldara Sedes logrou tres: dúas  pratas en 50 e 100 braza e un bronce en 200 braza.
  • Javier Suárez bronce en 50 braza.
  • Sarai Rivera bronce en 50 bolboreta.
  • Bronce tamén na remuda de  4x100 estilos feminino.
  • Dentro deste campionato participaron un ano máis nadadores discapacitados, no cal a nadadora do Ferrol Elinco, Noelia Cabanas logro tres ouros nas probas  de 50 braza e 50 e 100 libres na categoría S11.
Destacar que o equipo feminino júnior ocupou ao final do Campionato a terceira posición na clasificación.
 
OLLAR RESULTADOS - OLLAR VALORACIÓN XAN SUÁREZ
 
Planificación actividades PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Febreiro 2010 11:07

Estimados compañeiros/as:

Tendes no apartado de socios/as as actividades que se levarán a cabo no día de hoxe(mércores 3 de febreiro). Nos vindeiros días iremos actualizando nese apartado con toda a información oportuna.

Para máis información, estamos á vosa disposición: contacta.

 
Apagón deportivo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Febreiro 2010 20:17

A Xunta Directiva do Club Natación Ferrol - Elinco non quedou calado ante o peche sine die das instalación deportivas por parte do Concelleiro de Deportes do noso Concello.

VER COMUNICADO

 
«InicioAnterior1234567SeguinteFinal»

Páxina 1 de 7
 

Área de socios

Iniciar sesión